• cabeceira
  • cabeceira
  • cabeceira

O proxecto "licores artesanais" naceu dunha afición común que temos dende fai anos dúas amigas: a elaboración con base de augardente de licores tradicionais galegos.

Recopilamos receitas populares, algunhas de moita tradición como o licor café e a augardente de herbas, e outras menos coñecidas pero recollidas do saber popular, como a do licor de folla de figueira, licor de canela… e as máis innovadoras como a da crema de orujo.

Durante anos, elaboramos estes licores artesanais para o disfrute dun grupo reducido de familiares e amigos, que nos animaron a participar no concurso de licores caseiros que se convoca cada ano na famosa e recoñecida Festa da Istoria de Ribadavia, onde obtivemos diferentes premios.

Pouco a pouco, fómonos facendo donas dese saber popular, que xunto cun proceso totalmente artesán e os ingredientes mais naturais, acadou un resultado que segundo persoas catadoras, familiares e amigos, podería ter un alto grado de aceptación no mercado, tan necesitado deste tipo de productos artesáns.

Presentamos agora estes licores á vosa consideración e ofrecémosvolos en botellas decoradas artesanalmente, pintadas a man ou repuxadas en estaño por unha das promotoras desta iniciativa.


Ruta do Viño
© Licores os maios 988 488 115 / 639824715/ 696721757 | info@licoresosmaios.com