Licores

LICOR CAFÉ E L. CAFÉ DESCAFEINADO

Elaborados estes dous licores con café de primeira calidade.

En maceración lenta, a augardente absorbe todo o aroma e sabor intenso do café, nacendo así un licor que nos traslada ás lareiras das nosas avoas.

LICOR DE HERBAS

Deixa no padal un marcado aroma herbáceo, froito dunha maceración lenta e mimada ao modo artesanal, como o facían antigamente no agro galego.

CREMA DE LICOR

Licor doce, suave e cremoso.

Non mezclar con bebidas gaseosas.

LICOR TORRADO

Toma a súa cor acaramelada do azucre torrado para a súa elaboración. O seu sabor é suave e herbáceo, cun lixeiro aroma a froitos secos.

OUTROS LICORES

Licor de uva mencía, licor de uva treixadura, licor de mora, licor de arando, licor de menta, licor de boletus edulis, licor de cantarellus cybarius, licor de mel, licor de noz, licor de cilantro, licor de castañas, licor de figueira, licor de canela, licor de ruda, licor de estrugas, licor de toxo e licor de kaki.