Invitámosvos a unha excursión moi relaxante, na que podedes visitar monumentos, (igrexa e mosteiro de San Clodio, igrexa de Lebosende, Serantes…) e adegas do mellor ribeiro, pasear polas beiras do río Avia e finalizar cunha visita ao noso taller artesanal de "licores Os maios", onde vos invitaremos a unha degustación gratuita dos nosos produtos.

Animádevos, estamos a menos dunha hora de Vigo, Pontevedra e Santiago e a media hora de Ourense.


Ruta do Viño
© Licores os maios 988 488 115 / 639824715/ 696721757 | info@licoresosmaios.com